10 de septiembre de 2017 à 23:03
RESUMO | LaSalle (1-0) ZONA VELLA
LaSalle (1-0) ZonaVella
O 1º derbi da tempada remata con derrota.
Un encontro no que non soubemos xestionar a intensidade rival e o despropósito arbitral, o equipo caeu derrotado nos derradeiros minutos.
Nunha primeira parte na que o colexiado deixou xogar demasiado, o equipo non estivo cómodo. Poucas ocasións claras e moi pouco xogo fluido. Iríamos ó descanso co 0-0 inicial.
A volta dos vestiarios o equipo intentaría chegar mais veces ó área rival sen demasiado sorte nos remates. E nun encontro tenso e moi disputado o equipo contaxiouse da pésima actuación arbitral, totalmente superado pola situación que él mesmo había provocado. Marchamos do partido e no carrusel de amarelas, e sen dar unha soa patada, quedamos con 9 xogadores e sen o adestrador. Intentaríamos o gol, pero foron os locais os que acertaron no min. 86.
Sen case tempo e con dous menos, teríamos o empate pero non foi posible.
Toca levantarse e traballar duramente para conseguir a primeira victoria da tempada.
Próxima xornada visitamos Laro.
Seguimos loitando, seguimos traballando!
Comentarios