Zona Vella CF : sitio oficial del club de fútbol de Santiago de Compostela - footeo

RESUMO vs. O Pino |5-1|

24 de septiembre de 2017 - 19:35

ZONA VELLA 5-1 SD O Pino

 

Gran victoria do equipo esta tarde no campo de Santa Isabel. Unha boa primeira metade na que xeramos ocasións moi claras de gol e na que inaguraríamos cedo o marcador gracias a un bo remate de Seijo no min. 13. 

Logo de varias ocasións seguidas e control do xogo chegaría o segundo do partido e tamén segundo de Seijo no minuto 33. O 2-0 fixo que O Pino subise a intensidade e acurtaría distancia cun disparo dende fora da área tras un saque de esquina (min  40). Pouco duraría o resultado xa que case na seguinte xogada Moure, nun remate de cabeza nun corner botado por Xako Álvarez, faría o 3-1 no minuto 43. 

 

A volta dos vestiarios a tónica sería a mesma da primeira metade. Varias ocasión marradas e pouco perigo en defensa. Sería Mateo o que definiría en dúas ocasións as xogadas de ataque creadas nos minutos 79 e 83. 

 

Bo partido e 3 puntos mais para escalar na clasificación‪

Seguimos loitando, seguimos traballando

‪#adiantezonavella

Comentarios

Ningún miembro celebra su aniversario este mes.