Zona Vella CF : sitio oficial del club de fútbol de Santiago de Compostela - footeo

RESUMO VS. COGALRODEIRO |5-0|

8 de octubre de 2017 - 19:53

|5-0|

Nova victoria esta tarde en Santa Isabel. 

Un encontro marcado pola alta temperatura na que nunha boa primeira metade fixo que foramos cun 2-0 ós vestiarios. 

Logo de dúas clarísimas ocasións nada mais comezar o encontro sería Pablo Astur a saída dun corner o que abriría o marcador. (1-0, min. 14). O intenso calor faría que o xogo se ralentizase e teriamos menos ocasións. Teríamos que agardar ata o min. 45 para que J. Yañez anotase o segundo a pase de Mateo (2-0). 

 

A volta do descanso, a expulsión dun rival no min. 48 porianos as cousas mais sinxelas. Cun xogador mais as xogadas e as ocasións serían constantes e Javi Losada en xogada persoal faria o 3-0 (min. 52). 

Dez minutos despois sería A.Moure nunha boa xogada tras roubo en medio campo o que poria o 4-0. (Min.62)  

Logo dunha boa xogado colectiva que rematou en centro de Espiña a Javi Ponte acadariamos o 5-0 no minuto 70. 

 

Bo partido, 3 puntos mais e a preparar o partido fronte a SD Bandeira  #adiantezonavella

seguimos traballando, seguimos loitando. 

Comentarios

 
ASCENSO Val do Ulla 59
PROMOCIÓN CD San Mamed 55
3 Cire Melide 49
4 Villestro SD 49
5 CF Laro 39
6 Atlético Pino CF 38
7 Lamela CF 35
8 CD Belvís 37
9 SD Cruces 35
10 CD Berres 34
11 ZONA VELLA 33
12 Trazo CF 31
13 SD O Pino 30
14 Cogalrodeiro 30
15 SD Montaos 27
DESCENSO Touro SD 27
DESCENSO SD Bandeira 22
DESCENSO La Salle 16

Ningún miembro celebra su aniversario este mes.