Zona Vella CF : sitio oficial del club de fútbol de Santiago de Compostela - footeo

RESUMO vs. SD Bandeira |1-3|

15 de octubre de 2017 - 20:53

|1-3|

Duro partido o xogado nesta tarde de domingo en Silleda nun ambiente enrarecido por mor dos incendios na zona. 

Sairía moi ben o equipo, pero na única xogada dos locais adiantarianse no marcador. Era o minuto 8 e o ZonaVella tocarille remontar. Non tivemos sorte nesta primeira metade e marchariamos o descanso co 1-0. 

A volta dos vestiarios o equipo sairia intenso e gozarian de oportunidades ata o gol do empate de JLosada no minuto 52. (1-1)

As constantes ocasión non se reflexarian no marcador ata o minuto 62 na que nun corner Rodrigo culminaría a remontada (1-2). Tras varios minutos de superioridade, entrariamos nos derradeiros 15 minutos nos que os locais volcaronse na nosa área e a piques estiveron de empatar. Couselo salvaría as acometidas. O partido quedaría sentenciado no minuto 89 na que unha brillante xogada colectiva sería rematada perfectamente a gol, nun man a man fronte o porteiro, por Seijo (1-3)

Mantemos o 4º posto e traballamos para o difícil encontro da vindeira semana fronte o líder, CD San Mamed. 

Seguimos traballando, seguimos loitando  

‪#adiantezonavella 

Comentarios

 
ASCENSO Val do Ulla 59
PROMOCIÓN CD San Mamed 55
3 Cire Melide 49
4 Villestro SD 49
5 CF Laro 39
6 Atlético Pino CF 38
7 Lamela CF 35
8 CD Belvís 37
9 SD Cruces 35
10 CD Berres 34
11 ZONA VELLA 33
12 Trazo CF 31
13 SD O Pino 30
14 Cogalrodeiro 30
15 SD Montaos 27
DESCENSO Touro SD 27
DESCENSO SD Bandeira 22
DESCENSO La Salle 16

Ningún miembro celebra su aniversario este mes.