Zona Vella CF : sitio oficial del club de fútbol de Santiago de Compostela - footeo

RESUMO vs. Trazo CF |3-1|

19 de noviembre de 2017 - 20:26

|3-1| 

 

Nova victoria na casa fronte un Trazo que compricounos moito o encontro.

 

Arrancaría moi ben o zonavella con control do xogo e ocasións e adiantariase grazas a Losada a saída dun corner logo de despxar un remate o gardamallas visitante. (1-0, minuto 14)

Pouco durou a ventaxa xa que case na seguinte xogada e tras erro defensivo, empataria o Trazo. (1-1, minuto 16).

Tralo empate o encpntro trocaria mais disputado e sen dominador claro do mesmo. Teríamos algunha chegada perígosa pero sen atino. E así chegaría o descanso.

 

A volta dos vestiarios comezaria igual o ZonaVella a levala iniciativa do xogo e gozaría das primeiras ocasións claras, inda así o gol non chegaría ata o minuto 72 cando de novo o Losada adiantaria os nosos (2-1).

O Trazo non afloxou e disporía dun man a man e dun remate moi perigoso de corner para empatar, pero de novo JLosada para redondear a súa gran tarde asinaría o definitivo 3-1 no minuto 89.

3 puntos mais e agora a traballar pensando no duro desprazamento a Lamela a vindeira fin de semana. 

Seguimos traballando, seguimos loitando.

 

#adiantezonavella

Comentarios

 
ASCENSO Val do Ulla 59
PROMOCIÓN CD San Mamed 55
3 Cire Melide 49
4 Villestro SD 49
5 CF Laro 39
6 Atlético Pino CF 38
7 Lamela CF 35
8 CD Belvís 37
9 SD Cruces 35
10 CD Berres 34
11 ZONA VELLA 33
12 Trazo CF 31
13 SD O Pino 30
14 Cogalrodeiro 30
15 SD Montaos 27
DESCENSO Touro SD 27
DESCENSO SD Bandeira 22
DESCENSO La Salle 16

Ningún miembro celebra su aniversario este mes.