Zona Vella CF : sitio oficial del club de fútbol de Santiago de Compostela - footeo

RESUMO TROFEO GATO NEGRO

20 de agosto de 2018 - 18:31

O domingo xogouse o Trofeo “O Gato Negro” que organizamos cada ano coma homenaxe o noso patrocinador e amigo.

Neste ano o invitado foi o Sporting Santiago, clube da nosa cidade ao que lle agradecemos a súa presenza.

 

Cunha convocatoria longa de 18 xogadores e nunha tarde de sol e calor, o equipo pouco a pouco foise facendo co encontro e tendo ocasións. Algunha xogada perigosas na nosa área, e inda que o rival mostrouse moi combativo e sen regalar ningún balón, a primeira metade rematou cun 2-0 e a sensación de poder ser mais.

A volta dos vestiarios o SportingSantiago saiu de novo moi activo e dispuxo de varias ocasións, unha delas moi clara, de acurtar distancias. A entrada dos 5 xogadores de campo fixo que o ZonaVella mantivese o nivel e gozase de mais oportunidades de marcar. E así chegarían tres goles mais. 

 

Dar as grazas a “O Gato Negro” pola súa axuda, a xente que se acercou o campo pese o día de praia, e ao Sporting Santiago por vir xogar o trofeo.

 

O equipo seguirá adestrando na preparación da tempada ligueira prevista para o vindeiro domingo 2 de Setembro fronte o CIRE MELIDE no seu campo.

#adiantezonavella

Comentarios

Posición Club Puntos Jugados GF GC
ASCENSO ATLÉTICO FÁTIMA 0 0 0 0
PROMOCIÓN C.D.BELVÍS 0 0 0 0
3 C.D. BERRES 0 0 0 0
4 C.D. ESTRADENSE "B" 0 0 0 0
5 C.D. SAN MAMED 0 0 0 0
6 C.F. CIRE DE MELIDE 0 0 0 0
7 C.F. SILLEDA 0 0 0 0
8 CLUB LAMELA 0 0 0 0
9 LARO C.F. 0 0 0 0
10 S.D. CRUCES 0 0 0 0
11 S.D. DEIXEBRE 0 0 0 0
12 S.D. O PINO 0 0 0 0
13 S.D.STA.CRUZ DE MONTAOS 0 0 0 0
14 S.D. TOURO 0 0 0 0
15 S.D. VILLESTRO 0 0 0 0
DESCENSO TRAZO C.F. 0 0 0 0
DESCENSO VILATUXE F.C. 0 0 0 0
DESCENSO ZONA VELLA 0 0 0 0

Ningún miembro celebra su aniversario este mes.