Presentación
COMIDA, MÚSICA, TRAGOS E MÁIS…
RIQUELA (música, comida, bebidas…) divídese en dúas zonas diferenciadas tanto en horarios como en contidos: RIQUELA BAR e RIQUELA CLUB.
RIQUELA CLUB é a esencia cultural do espazo, unha sala con capacidade para máis de 200 persoas onde gozar de música en vivo e unha gran variedade de espectáculos. RIQUELA CLUB é ao mesmo tempo unha sala versátil e flexible, preparada tamén para acoller concertos e eventos nun entorno máis íntimo.
A nosa ampla carta de bebidas foi deseñada en consonancia co espírito dun local no que gozar do directo musical. Nun espazo coidado e con personalidade, en RIQUELA CLUB poderás atopar unha programación estable, variada e de calidade con concertos, ciclos, festivais, residencias de artistas e propostas singulares de rock, soul, jazz, blues e outros xéneros musicais.
RIQUELA BAR é un espazo acolledor e dinámico aberto dende as 11:30 da mañá ata a 1:00 da madrugada cunha suxerinte oferta na carta de comidas e bebidas. O complemento perfecto de RIQUELA BAR é a súa terraza exterior na céntrica, fermosa e escenográfica praza compostelá de Feixoo que se abre á rúa do Preguntoiro.