15 de julio de 2017 à 12:00
NOVO ADESTRADOR: JACOBO MÍGUEZ
0
Hoxe damos comezo a unha nova tempada e facémolo presentando ó novo adestrador.
Trátase de JACOBO MÍGUEZ, cunha ampla experiencia nos banquiños e por onde pasou, entre outros, polo CD Conxo, At.Riveira, ou SD Villestro. Xunto con Fco.Medarde "Kiko" están a confeccionar o plantel e maila pretempada.
Agradecemos a súa predisposición, interés e traballo polo novo proxecto do clube e agardamos unha longa e fructífera relación. Os seus éxitos serán os nosos.
#adiantezonavella #forzacompos
Comentarios