1 de octubre de 2017 à 19:44
RESUMO vs. CireMelide |2-2|
|2-2|
Partido moi compricado o xogado hoxe Melide.
Comezamos o encontro dispoñendo dun boa ocasión, pero serían os locais os que se adiantarian no marcador nunha xogada persoal do seu dianteiro no minuto 8. (1-0)
Pouco tardariamos en empatar grazas a un gran remate de cabeza de Mateo no minuto 13 (1-1).
As ocasións de darlle a volta o marcador non quixeron entrar e de novo os locais adiantarianse nun despiste defensivo a piques de rematar a 1ª metade. (2-1, min. 43)
A volta dos vestiarios non poderia comezar mellor para o ZonaVellaCF. Case na primeira xogada da segunda metade, unha moi boa acción persoal de Espiña e logo dunha parede con Jorge, conseguiríamos empatálo encontro (min. 46).
Con toda a segunda metade por diante o equipo non foi quen de atinar na porteria rival pese as boas ocasións xeradas.
Empate final nun campo no que é moi difícil tráelos 3 puntos.
Seguinte rival: CogalRodeiro
Seguimos traballando, seguimos loitando
#adiantezonavella
Comentarios