Zona Vella CF : sitio oficial del club de fútbol de Santiago de Compostela - footeo

RESUMO VS. CD BELVIS |1-0|

5 de noviembre de 2017 - 20:50

|1-0|

 

Gran victoria pola mínima no derbi.

 

O encontro comenzou moi intenso e con múltiples interrupcions no xogo, no que tras un primeiro intento do Zona Vella sería FerCarro cun magnífico gol dende lanzamento fora do área o que daría o único gol da tarde.

O xogo embarullado faría que tivéramos que agardar ata case o descanso para ver a outra grande ocasión da primeira metade. No minuto 40 Marcos prantaríase fronte o gardamallas que despexaría o seu disparo. No posterior rexeite JaviPonte non atinaría ca portería.

 

A volta dos vestiarios o transcorso do encontro seguiría na mesma liña da primera metade, xogo intenso e trabado con demasiados parons. O Belvís gozaría da oportunidade de empatar o derbi o que respondeu o Zona Vella con sendas ocasións da man de Seijo e de A. Moure, este na derradeira xogada do encontro.

 

Tres moi importantes puntos que fan manternos na parte alta da clasificación.

 

A vindeira xornada novo derbi, desta vez frente a SD Villestro que ven de golear o La Salle no outro derbi compostelán do día.

#adiantezonavella

Comentarios

Posición Club Puntos Jugados GF GC
ASCENSO C.F. SILLEDA 20 10 19 6
PROMOCIÓN S.D. VILLESTRO 19 10 23 12
3 C.D. ESTRADENSE "B" 19 10 9 3
4 ZONA VELLA 18 10 14 13
5 S.D. O PINO 17 10 22 14
6 C.F. CIRE DE MELIDE 17 10 15 11
7 CLUB LAMELA 16 10 12 9
8 S.D. CRUCES 15 10 15 17
9 TRAZO C.F. 14 10 19 18
10 ATLÉTICO FÁTIMA 14 10 14 16
11 C.D.BELVÍS 12 10 13 14
12 S.D. DEIXEBRE 12 10 16 18
13 C.D. BERRES 12 10 11 17
14 C.D. SAN MAMED 11 10 10 14
15 S.D.STA.CRUZ DE MONTAOS 11 10 9 15
DESCENSO S.D. TOURO 10 10 7 18
DESCENSO LARO C.F. 8 10 11 16
DESCENSO VILATUXE F.C. 7 10 9 17